DSC01164a

Aurora Pajón Fernández (Lugo, 1989) comeza os seus estudos de frauta no Conservatorio de Lugo co profesor Pablo Coria. Prosigue a súa formación no CONSMUPA (Oviedo), na Metropolian University of Helsinki (Finlandia) e na HKB (Berna), estudando con Raquel Fernández, Anja Voipio e Verena Bosshart.

Actualmente combina a ensinanza coa interpretación. Toca habitualmente repertorio clásico con orquestras e grupos de cámara como Tramontana ou L’Orchestre Festival. O seu interese non só polo repertorio clásico senon tamén por proxectos máis innovadores e interdisciplinarios levárona xa a participar en diversos festivais, eventos e gravacións como «NEUstadt-lab», «Neue Musik Markt», « Greller Keller» ou «Vernissage Cantonale Berne Jura».

En canto á súa labor pedagóxica, Aurora é profesora de frauta no Conservatoire de Delémont (Jura), dirixe unha banda infantil na escola primaria Mösli (Berna) e é co-fundadora de MuGeLe, proxecto que achega a música clásica ós máis pequenos de maneira dinámica e divertida.